Campións en Santiago

A Banda de Música Municipal de Agolada logrou ser a gañadora da Sección Segunda no II Certame Galego de Bandas de Música Populares celebrado o día 22 de Novembro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Velaquí tedes os resultados.

-Con 55,6 puntos, o cuarto posto foi para a Banda de Música Cultural de Teo.
-En terceiro lugar, con 61,4 puntos, a Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón.
-En segundo lugar a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, cun total de 64,6 puntos.
-E finalmente, en primeiro lugar, a Banda de Música Municipal de Agolada cun total de 69,8."

Xa tedelas fotos dispoñibles na Galería de Imaxes

Powered by Drupal - Design by jcarlos