Boas rapaces. Vexo que o libro de visitas está un pouco paradiño e hoxe que teño día libre decido escribir neste recuncho que cando boto de menos Agolada faime sentir un pouquiño mais cerca do meu pobo e da miña banda. Realmente era para desexarvos un bo ano a todos. Como colectivo espero que este sea un ano que polo menos nos pemita seguir medrando pouquiño a pouco como ata o de agora, e sobre todo que nos permita seguir sendo un grupo de amigos que se xunta para facer o que mais lle gusta ( uns días mais e outros días menos...jeje) que é a MÚSICA!!!
Un saudo dende Alicante. Javi


