nilo felicita a este magnifico colectivo

noraboa rapaces!!!!!!
sen dúbida debemos estar orgullosos dun ano de duro traballo e de excelentes resultados( mellor é imposible).
Pola miña parte, non sabedes realmente o contentiño que estou, (de momento asimilando estos resultados, xa que un campionato galego, non se consegue tódolos días)recibindo felicitacións dunha chea de persoeiros do mundo da música, de amigos, familiares, veciños...
bueno, que vos vou contar que non saibades, acaso o recibimento no pobo non foi espectacular, ah! a tirada na fonte me parece que está pasando factura, porque non sei se estarei incubando un catarraso...
pero ogallá pillara un catarro asi tódolos anos por citas coma esta....
e agora qué?? `preguntanse moitos.....
pois agora penso que é un bo tempo para reflexionar, asimilar estes éxitos, e de verdade ( que me emociono cando escribo) que esto seguro que quedará nun anaco do noso corazón para todas as nosas vidas...
aínda que debo de dicir que o vello non se acabou(jeje) e que mentras teña o colectivo co mellor bo rollo do mundo, con esa enerxía, vitalidade, e con todas esas características que reunimos ( que son da envexa de moitas bandas de galicia) matinarei nesas noites de insomnio para procurar outros proxectos e ilusións ( como a insistencia de alguén de ir algún ano a valencia, jeje).
pero toca disfutar!!!!!!
bravo, bravo e bravo rapaces!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Powered by Drupal - Design by jcarlos