Gracias Angel por esas verbas sempre agarimosas e cheas de sentimento hacia a banda de Agolada. Para nós tamen foi emocionante ver que a xente de Agolada achegouse a Pontevedra para disfrutar coa súa banda, por iso queremos facer saber que toda esa xente que ata alí se achegou ou que simplemente ven a escoitarnos ou colabora con nós debe saber que este premio vai especialmente adicado a eles. Non sabíamos dese teu cumpreanos o 5 de outubro. Para nós foi toda unha honra facerche o especial agasallo. Agora toca Santiago. Volveremos a empapelar o pobo de Agolada e traballar arreo para que o 22 de Novembro o pobo de Agolada se volva a sentir orgulloso da súa banda. Unha aperta amigo Ángel.
Unha aperta Angel
- Inicie sesión para enviar comentarios


