Bravo!!!!

Wenas chic@s:
A fin de semana pasada ( correspondente ó antroido), por fin se levou a cabo o proxecto, ilusión, chamádelle como queirades, que tantos meses levabamos agardando. Foron meses de traballo, dedicación, algunha bronquiña por parte do mestre ;-p, pero que mereceu moitísimo a pena. Seguramente das mellores experiencias que se viviron ( eu polo menos) nesta banda. O maior da banda tiña a mesma ilusión que o mais pequeniño. Hai moito traballo detrás deste CD, tanto musical, como no campo das xestións. Os membros da directiva estiveron ¡¡¡BRILLANTES!!! Chamadas telefónicas, viaxe para aquí, viaxe para acolá...; o mestre....weno non vou falar mal do mestre.jaja. Bravo Nilo. Traballando como o que mais. Dos músicos creo que non fai falta dicir nada. Con só acudir aos ensaios, moitas veces tamen sábados pola tarde creo que xa é suficiente. Todos aportamos o noso graniño de area, sí señor como debe ser, como as grandes familias, para que o dia tan esperado todo saíse perfecto. E así foi. Se ata nos sobrou un día!!!!jaja.
E agora toca esperar. En breve poderémolo ter nas mans. Será outro deses momentos especiais que se viven nesta banda.

Un saudo. Javi.

Powered by Drupal - Design by jcarlos